INICIO
PRESENTACIÓN
INFORMACIÓN
PROFESORADO
GALERÍA AUDIOVISUAL
RECURSOS
ENLACES


 

 


  

Presentación

  O Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, ten como meta formar a educadores especializados no ámbito da educación ao aire libre dende unha perspectiva integral, dende un enfoque teórico e humanista, incluíndo aspectos pedagóxicos, éticos, históricos e estético/artísticos como dende a práctica profesional nos seus ámbitos máis importantes: educación ambiental, deporte ao aire libre, excursionismo, actividades escolares en contornas naturais.

 

O profesor Juan Ortiz nunha excursión por O Caurel

 

 

    O Máster está dirixido a todos aqueles educadores, tanto do ámbito da educación formal coma da educación non formal, que asumen tarefas de dirección pedagóxica na organización de actividades de lecer e tempo libre na natureza. A meta do Master é dotar dunha formación pedagóxica específica aos profesores que traballan estes aspectos no sistema educativo, aos educadores, dirixentes e xestores das asociacións xuvenís ou deportivas, aulas da natureza e outras institucións de educación non formal que organizan actividades reguladas en contornas naturais, e que xa posúen unha titulación universitaria xeral, pero que carecen do marco epistemolóxico e teórico que pode ofrecer unha formación específica e integral reunida no conxunto de estudos que compón este proxecto.

 

 

O alumnado camiñando sobre os pasais da Ruta das Chousas (O Veral)

 

    O Máster pretende incidir naqueles aspectos que fan dos profesores, xestores das asociacións xuvenís, tempo libre e outras institucións, non só instrutores ricos en recursos para actividades na natureza, senón tamén en auténticos educadores plenamente conscientes da complexidade do traballo que implica unha intervención pedagóxica específica. Quérese incidir especialmente naqueles campos de actuación nos que a natureza ofrece unha maior riqueza educadora, conforme a criterios que espertan altos valores. Os contidos, por esta razón, se condensan en elementos centrais na formación das persoas, moi presentes na cultura xeral, pero pouco cultivados na educación formal. A meta do master é dotar a estes educadores de capacidades intelectuais e de xestión de grupos que lles permitan unha comprensión plena das posibilidades pedagóxicas que teñen as actividades de lecer e tempo libre na natureza.

 

Primeira promoción. Curso 2011/2012

 

 


 

 

 

 

 


Top

otero.urtaza@usc.es - master.daen@usc.es