INICIO
PRESENTACIÓN
INFORMACIÓN
Programa de estudos
Preguntas frecuentes
PROFESORADO
GALERÍA AUDIOVISUAL
RECURSOS
ENLACES


 

 

 Información sobre o Máster

 

Características do Máster:

 É un Máster completamente inédito no ámbito das universidades españolas que reúne as temáticas de educación ambiental, educación ao aire libre, paisaxe, e a arte en relación coa natureza, exercitando aos alumnos no desenvolvemento de capacidades de xestión, organización e dirección de grupos e institucións.

 

Características dos estudantes aos que vai dirixido o Máster:

 É un Máster especialmente deseñado para graduados ou diplomados nos distintos títulos de educación (mestre, educación social, pedagoxía, psicopedagoxía), e tamén moi adecuado para licenciados/graduados en Bioloxía, Xeoloxía. Xeografía ou Ciencias da Actividade Física e Deporte, así como para outros títulos relacionados cos contornos naturais como as titulacións agroforestais. A pesar de que ningún título está excluído, para iniciar estes estudos, como perfil de ingreso, é recomendable ter algunha experiencia en asociacionismo xuvenil, coñecemento da natureza, deportes de montaña, excursionismo, capacidade narrativa e de descrición de paisaxes, nocións de seguridade en actividades ao aire libre e coñecemento de idiomas. Valorarase a posesión do nivel B1 no dominio dunha lingua estranxeira no caso de que o número de solicitantes sexa superior ao de prazas dispoñibles.

 

Obxectivos do programa:

 a) Capacitar a educadores e profesores na alta dirección pedagóxica de actividades relacionadas co tempo de lecer, o aire libre e o contacto coa natureza.

 b) Amosar a estes educadores os valores das actividades nanatureza e xerar actitudes educativas no traballo que desenvolven.

c) Exercitar ao alumnado na organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas básicas na natureza e ao aire libre.

d) Desenvolver calidades humanas para a dirección pedagóxica de actividades de lecer e tempo libre en contornas naturais.

e) Aplicar o conxunto destas aprendizaxes nun proxecto posible e sustentable nun contorno real.

 

Competencias:

Neste Máster garántense como mínimo as seguintes competencias básicas:


1. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

2. Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

3. Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións - e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan - a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos exixibles a todo traballo científico.

4. Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

5. Que o estudantado sexa capacaz de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto deberá saber deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixido.

6. Que o estudantado sexa capaz de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornas naturais.

7. Que o estudantado sexa capacaz de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.

8. Que o estudantado desenvolva a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.

9. Que o estudantado teña actitudes e comportamentos positivos en relación
 coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.

10. Que o estudantado teña coñecementos integrais sobre o que é un medio natural.

11. Que o estudantado adquira habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento de actividades.

12. Que o estudantado sexa capaz de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación.

 

Datas:

  • Comezo do curso: 25 de setembro de 2015.

  • Remate da fase teórica: Abril de 2016.

  • Prácticum: Abril-Maio 2016.

  • Presentación de proxectos: Xuño 2016.

 

Admisión:

Conforme aos criterios xerais de selección da USC para posgraos oficiais:

- Expediente académico.

- Titulacións de acceso preferente e cotas de titulacións. 

As titulacións de mestre teñen unha cota de 18 prazas que no caso de non cubrirse pasan a outras titulacións preferentes: pedagoxía, psicopedagoxía, educación social, bioloxía, actividade física e deporte, veterinaria, enxeñería de montes ou agrícola, turismo, ciencias empresariais, xeografía, e outras titulacións, se quedaran prazas.

 

Preinscrición e matrícula:

Matrícula provisoria: Prazo pechado.

Adxudicación de prazas: Completas.

Matrícula: Completa

 

Número de prazas: 

 25 prazas ordinarias

 3 prazas para estranxeiros

Se as prazas para estranxeiros non se cubrisen, esa oferta pasará aos alumnos e alumnas de prazas ordinarias.

  

Carga credicitaria do Master:

60 Créditos.

 

Características dos postos de traballo que se poden ocupar con este Master:

  • Formación superior para profesores de educación infantil, primaria e secundaria no ámbito da natureza;

  • Educadores e técnicos de asociacións de tempo libre en contornos naturais;

  • Xestores de clubs de deporte na natureza;

  • Técnicos de educación e protección ambiental en concellos e administracións educativas;

  • Directores de aulas da natureza;

  • Directores de granxas-escola;

  • Directores de instalacións educativas en espazos protexidos;

  • Deseño de guías da natureza e itinerarios;

  • Documentación de rutas;

  • Persoas que realicen actividades educativas con maiores ou con diversidade funcional en contornas naturais.

 

Contacto:

Eugenio Otero Urtaza.

otero.urtaza@usc.es

Facultade de Formación do Profesorado

Av. Ramón Ferreiro, 10
 
27071 - Lugo
 
Tlf.: 982 285 865

 

Facultade de Formación do Profesorado

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Top

otero.urtaza@usc.es - master.daen@usc.es